Microsoft anuncia o Summer Game Fest Demo Event, que contará con mais de 60 demos

Microsoft prepárase para un mes de xullo no que agardamos interesantes novidades para a nova xeración. Por iso, a compañía estadounidense vén de revelar o Summer Game Fest Demo Event, unha feira equivalente ao Steam Games Festival organizada por Geoff Keighley.
Os usuarios de Xbox One poderán acceder a máis de 60 demos de títulos que se atopan en desenvolvemento, aínda que co paso do tempo espérase que a cantidade final sitúese entre as 75 e 100 demos. Entre o 21 e o 27 de xullo será o prazo dispoñíbel para gozar algunhas das obras que xa están confirmadas como Cris Tales, Destroy All Humans!, Haven, Hellpoint, Skatebird ou Welcome to Elk.