Microsoft confirma a chegada de Xbox Game Pass para PC

Microsoft confirma a chegada de Xbox Game Pass para PC

O servizo de subscrición de Xbox One, o coñecido Xbox Game Pass, lanzarase tamén para PC. A propia Microsoft confirmou tal feito.

Satya Nadella, executivo da compañía, mencionou durante un informe de resultados financeiros o plan de expandir o servizo a PC, aínda que non ofreceu datas exactas. Tampouco se coñece se a mesma subscrición  permitirá acceso nas dúas plataformas ou só nunha.

Se non estás familiarizado co Xbox Game Pass, dicir que é un servizo no que pagas 9,99 euros de maneira mensual e inmediatamente tes a posibilidade de xogar a un catálogo de máis de 180 xogos sen ningún tipo de limitación, simplemente tes que descargar o título en cuestión.

Moitos dos xogos de Xbox Game Pass podían ser xogados xa en Windows 10 grazas ao Play Anywhere, coma Forza Horizon 4 ou Sea of Thieves. Non é así con moitos outros, polo que é previsible que o catálogo para este pase de pago en PC conte cunha boa actualización.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.