Microsoft e EA anuncian unha colaboración de cara ao servizo de Xbox Game Pass

Microsoft e EA anuncian unha colaboración de cara ao servizo de Xbox Game Pass

Após o anuncio do lanzamento de Xbox Series X e Series S, Microsoft vén de anunciar un novo acordo con Electronic Arts. Esta colaboración entre as dúas compañías permitirá que os servizos de subscrición de Xbox Game Pass Ultimate e Xbox Game Pass para PC inclúan o acceso sen ningún custo a EA Play.

Deste xeito, os usuarios poderán gozar de 60 xogos da compañía estadounidense, como Mass Effect, Battlefield ou Titanfall 2. Tamén estará dispoñíbel a proba de 10 horas aos lanzamentos de EA e numerosos descontos para os seus títulos.

Será a finais do 2020 cando este acordo sexa efectivo para todos os subscritores dos servizos de Microsoft.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados
Comentarios non permitidos
  1. […] subida xustifícase debido á integración de EA Play en Xbox Game Pass Ultimate e en PC. Iso si, a oferta do primeiro mes de uso do servizo por un euro […]