Microsoft elimina os códigos de descarga nos packs de Xbox

Microsoft elimina os códigos de descarga nos packs de Xbox

Microsoft decidiu realizarlle un gran cambio ao sistema que utiliza a compañía para trocar os títulos dixitais que están incluídos nos packs de Xbox. O proceso tradicional consiste en que o usuario debe trocar un código de descarga na tenda dixital de Xbox e así poder asociar o videoxogo á súa conta.

Porén, o nome do novo método elixido pola empresa é Dixital Direct e xa non atoparemos un código para descargar, senón que durante o proceso de configuración da consola, o xogo asociarase directamente coa nosa conta. Microsoft non se pronunciou respecto deste cambio de normativa, aínda que todo parece apuntar que o obxectivo principal pasa por eliminar a venda de segunda man destes códigos.

Este detalle foi revelado grazas ao pack de Xbox One X con Cyberpunk 2077 que chegará en setembro e polo de agora non se atopa en ningún outro pack, así que teremos de agardar para asegurarmos que se trata dunha decisión definitiva para o futuro.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados