Actualidade Microsoft Flight Simulator reduce o seu tamaño ata a metade co seu último parche

Microsoft Flight Simulator reduce o seu tamaño ata a metade co seu último parche

O espectáculo visual que é Microsoft Flight Simulator pasará a ser un espectáculo menos esixente para o disco duro. Dos 170 GB que necesitabamos para a súa instalación, pasaremos a usar só 83 GB. Esta mellora introduciuse no parche 1.16.2.0, que tamén achega outras novidades, como adoita ser habitual, como a corrección de fallos e bugs varios.

Doutra banda, Asobo Studios tamén reduciu  a banda ancha que toman os datos para crear o clima, así como os problemas específicos sobre a formación do xeo na superficie das naves, xa que se xeraba nas ás a pesar de ter activa a opción de de-icing,

A piques de cumprir un ano de vida, Microsoft Flight Simulator é un título exclusivo de Windows 10, ao que se pode xogar a través de Xbox Game Pass. Este verán debería aparecer tamén en Series X|S.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.