Microsoft merca Bethesda e faise dona dalgunhas das franquías máis recoñecidas do medio

Microsoft merca Bethesda e faise dona dalgunhas das franquías máis recoñecidas do medio

Terremoto inesperado na industria dos videoxogos. Microsoft decidiu poñer toda a carne no asador e acaba de adquirir unha das editoras máis importantes de todo o panorama do lecer electrónico. ZeniMax Media, empresa matriz de Bethesda Softworks, chegou a un acordo coa compañía estadounidense para ser mercada pola empresa estadounidense.

Máis de 2.300 profesionais e numerosos estudios como id Software, Arkane Studios ou Tango Gameworks pasarán a formar parte da división de xogos dirixida por Phil Spencer. Deste xeito, moitas franquías como The Elder Scrolls, Fallout, Wolfenstein ou DOOM pasarán a ser familia de seu das Series S e Series X. Isto non significa que non poidan seguir noutras plataformas.

Este acordo afecta os futuros e actuais títulos de Bethesda, xa que serán incluídos no servizo de Xbox Game Pass en consolas e PC. Entre eles atópase Starfield, a nova epopea espacial que preparan desde Bethesda Game Studios.

Phil Spencer declarou no blogue de Xbox que «todo o seu gran traballo, por suposto, continuará e medrarará e esperamos melloralo cos recursos e o soporte de Microsoft para escalar as súas visións creativas a máis xogadores de novas maneiras». O acordo pechouse por unha cifra cercana aos 7.500 millóns de dólares.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados
Comentarios non permitidos
  1. […] setembro abrironse as portas para poder ir confirmando decisións e compras. Microsoft faino após anunciar onte que se facía con Bethesda, unha das editoras e desenvolvedoras máis coñecidas da […]

  2. […] das grandes novas do ano foi e será compra de Bethesda por parte de Microsoft. A compañía estadounidense adquire desta forma numerosas propiedades […]