Microsoft quere eliminar 11.000 postos de traballo dentro da compañía
Microsoft eliminará preto de 11.000 postos de traballo nos vindeiros tempos, o que se traduce nun 5 % do total de empregados que hoxe ten no seu cadro de persoal (220.000 traballadores e traballadoras distribuídos por todo o mundo). A noticia foi publicada por Sky News, logo por Bloomberg e, finalmente, a compañía americana afirmou que é certa.
El proceso de despidos se alargará durante todo este año. Nun comunicado público respecto diso, o máximo responsable da empresa, Satya Nadella, aducía como razón para estes recortes os cambios nos hábitos de compra dos consumidores e o perigo dunha nova recesión global. Na nomeada nota non se especificou que divisións ou marcas estarán afectadas polos recortes, co cal non é posíbel saber como afectará esta situación a Xbox.
Non é o primeiro movemento que fai a compañía de Redmond neste eido. Microsoft xa despediu a outros centos de traballadores o ano pasado, e algúns deles estaban na división de videoxogos.