Microsoft respectará a exclusividade de Deathloop e Ghostwire Tokyo con PS5
Unha das grandes novas do ano foi e será compra de Bethesda por parte de Microsoft. A compañía estadounidense adquire desta forma numerosas propiedades intelectuais como The Elder Scrolls, DOOM ou Fallout.
Porén, tamén se fixeron coa propiedade de Arkane Studios e Tango Gameworks, desenvolvedoras que se atopan traballando en dous títulos exclusivos para PS5: Deathloop e Ghostwire Tokyo.
Ante a pregunta de que vai suceder con ambas as IP, Phil Spencer declarou que Microsoft respectará o acordo que manteñen ámbolos dous títulos con Sony. Desta forma, os usuarios de PS5 poderán gozar do novo dos creadores de Prey e Dishonored no seu lanzamento no 2021, mentres que Shinji Mikami continúa dándolle forma á súa terrorífica visión da capital xaponesa.