Actualidade Microsoft rexistra e presenta o logo de Xbox Series X

Microsoft rexistra e presenta o logo de Xbox Series X

Unha das características con menor relevancia, pero fundamental para a imaxe dunha compañía é o logotipo da mesma. Na carreira entre Sony e Microsoft por impresionar á audiencia de cara a nova xeración, a compañía estadounidense avanzou un paso máis ao revelar o logo da Xbox Series X. Grazas a un usuario de Reddit púidose atopar o rexistro oficial do deseño, datado o pasado 16 de abril pero non validado até este día 20.

Sinxelo e minimalista son dúas das características que definen un logo que pretende remarcar a esencia da compañía a través dunha X rachada, xunto á palabra Series en vertical. Unha imaxe que lembra á forma da consola. No rexistro tamén se apunta a que o logo estará presente en múltiples dispositivos, periféricos, merchandising ou pezas de hardware para Xbox Series X. Após o anuncio do DualSense de PS5 e o logotipo da consola de Microsoft, vanse queimando etapas para a revelación do prezo e características definitivas de ambas máquinas.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.