Laidlaw funda un novo estudio xunto con extraballadores de Ubisoft e BioWare

Laidlaw funda un novo estudio xunto con extraballadores de Ubisoft e BioWare

Un novo xogador entrou na partida. A industria do videoxogo conta cun novo estudo que no futuro debería dar bos froitos. Yellow Brick Games preséntase en sociedade como a unión de diversos traballadores xa coñecidos dentro da industria, veteranos que pasaron por compañías como Ubisoft e Bioware, como Mike Laidlaw, exdirector creativo de Dragon Age, ou Thomas Giroux.

Con sede en Quebec, Canadá, o estudo independente ha estreado hoxe a súa páxina web oficial, amais da súa imaxe corporativa. Laidlaw abandonou Ubisoft Quebec só un ano despois da súa chegada, para logo participar en diversos proxectos independentes, como é o caso do RPG coruñés The Waylanders.

Na foto, de esquerda a dereita: Frederic St-Laurent B., Mike Laidlaw, Jeff Skalski, Thomas Giroux.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados