Mike Ybarra ficha por Blizzard tras deixar Microsoft

Aquel que foi vicepresidente de Xbox, Mike Ybarra, non mentía cando dixo, após a súa saída de Microsoft, que pronto anunciaría o seu novo destino. Blizzard Entertainment será a súa casa a partir de agora.
Ybarra ocupará o posto de vicepresidente executivo e director xeral a partir do 4 de novembro. «Imos traballar con toda a nosa enerxía para ofrecer aos xogadores contidos e experiencias incribles. Non podo esperar a formar parte deste equipo», explica.
I'm very happy to announce I'm joining @Blizzard_Ent as Exec. Vice President and GM starting 11/4 (will be at #blizzcon!). We will work with all our energy to serve gamers with incredible content and experiences. I can't wait to be part of this team. #lucky #humble #gamers #serve pic.twitter.com/kZ8dRuF3pe
— Mike Ybarra (@Qwik) October 24, 2019
A súa chegada a Blizzard prodúcese nun ambiente polémico, no que a imaxe da empresa estadounidense arrastra duras críticas despois dunha serie de polémicas e decisións empresariais de dubidoso éxito. Doutra banda, a empresa xa ten todo preparado para a BlizzCon 2019, que se celebrará entre o 1 e 2 de novembro, en California.