Actualidade Milla Jovovich tamén cazará en Monster Hunter World: Iceborne

Milla Jovovich tamén cazará en Monster Hunter World: Iceborne

Non podía ser estreada unha película de Monster Hunter sen verse esta reflectida en Monter Hunter World. Así é, Milla Jovovich, a actriz protagonista da cinta tamén se paseará polo universo dixital expandido con Iceborne.

Segundo presentou Capcom, a heroína chegará cunha misión especial dividida en dous partes, que tomará como referencia a película dirixida por Paul W.S. Anderson —mente detrás das adaptacións cinematográficas de Resident Evil—. Na primeira metade deberemos derrotar os Diaños Negros, namentres que na seguinte parte o antagonista principal pasará a ser o mítico Rathalos.

As misións só estarán dispoñibles para aqueles usuarios que teñan o Rango Mestre. Como non podería ser doutro xeito, todo aquel que consiga superar as misións especiais obterá equipamento único, armaduras, novos títulos e unha pose, entre outros elementos.

Doutra banda, desde o 27 de novembro ata o 2 de decembro os xogadores de Iceborne tamén poderán reclamar unha serie de obxectos durante un tempo limitado só con iniciar sesión no xogo. As misións de Milla estarán dispoñlíbeis desde o 4 de decembro ás 13 horas. Lembra que para acceder a Iceborne, necesitades o xogo completo.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.