Actualidade Min Min de ARMS chegará a Super Smash Bros. Ultimate a vindeira semana

Min Min de ARMS chegará a Super Smash Bros. Ultimate a vindeira semana

Vén de ser confirmada a próxima incorporación ao cadro de loitadores de Super Smash Bros. Ultimate. Min Min, de ARMS, estará dispoñíbel a partir da vindeira semana. A loitadora amante do ramen foi unha proposta que saíu do propio produtor da IP de Nintendo, aceptada logo polo responsábel do título de loita.

Min Min poderá equipar diferentes ARMS cos ataques especiais e usará A e B como brazo esquerdo e dereito. Tamén poderá usar as súas pernas para devolver proxectís. Tal e como reclama a tradición, o novo personaxe virá acompañado dun escenario de ARMS (Spring Stadium) e 18 temas do xogo no Challenger’s Pack 6.

Min Min forma parte do Fighters Pass 2 e estará dispoñíbel o 29 de xuño.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.