Minecraft Dungeons non contará con cross-play no seu lanzamento

Se hai un videoxogo que marcou tendencia na última década, ese é Minecraft. A obra de Mojang que agora é propiedade de Microsoft, inspirou numerosos títulos ao longo dos anos e mesmo xerou spin-offs de notábel éxito como Minecraft: Story Mode. O próximo da lista é Minecraft Dungeons, o cal non contará con funcións cross-play durante o seu lanzamento.
Teremos que esperar ata poder gozar da posibilidade de xogar cos nosos amigos na mesma partida, xa que Microsoft indicou que será cuestión de tempo até que integren esta función, a través dunha actualización gratuíta. Minecraft Dungeons chegará o vindeiro 26 de maio para Xbox One, PlayStation 4, Nintendo Switch e PC. O xogo establécese no xénero do dungeon-crawler e propón unha historia nun mundo habitado por esqueletos, zombies, bruxas e novas criaturas.
Gather your friends and gear up for adventure: Minecraft Dungeons is coming out May 26th on Nintendo Switch, PlayStation 4, Windows, Xbox One and Xbox Game Pass! Pre-order your copy now:
↣ https://t.co/A2UnaxJtzy ↢ pic.twitter.com/q9VTPXs2Ps
— Minecraft Dungeons (@dungeonsgame) March 31, 2020