Minecraft Earth non acada o éxito agardado e pechará os seus servidores
Minecraft Earth pasará a formar parte do caixón de proxectos que non conseguiron o seu obxectivo. Microsoft tiña esperanzas neste produto de realidade aumentada nacido da obra orixinal de bloques e aventuras, mais semella que o público non mostrou un interese real polo mesmo.
En Minecraft Earth un podía percorrer as rúas da súa cidade, explorando e mesturando o mundo real co mundo pixelado, pero a fin desta mestura ten data: os servidores do xogo pecharán o 30 de xuño do 2021. Na data indicada «todo o contido e soporte de servizo para o xogo», segundo indican os seus responsábeis. A partir dese momento, o título non poderá ser descargado nin xogado. Tamén serán eliminados todos os datos dos xogadores o 1 de xullo.
Porén, aínda queda unha actualización por chegar, que incluirá os seguintes elementos:
- Eliminar transaccións con diñeiro real
- Reducir o custo do rubí
- Gran cantidade de contido inédito
- Reducir os requisitos de tempo para a elaboración e a fundición
- Substitución dos aumentos de artesanía e fundición non utilizados con aumentos de radio do mesmo nivel
- Outorgarlles un conxunto de elementos do Creador de personaxes aos xogadores que inicien sesión entre o 5 de xaneiro e o 30 de xuño
O equipo de desenvolvemento publicou o comunicado oficial dentro do seu blogue oficial, no que sinalan a crise do coronavirus como un dos impedimentos máis notables á hora de non poder conseguir o éxito da súa obra, éxito que dependía directamente da exploración ao aire libre e a colaboración cidadá.