Actualidade Minecraft recibirá soporte para realidade virtual en PS4

Minecraft recibirá soporte para realidade virtual en PS4

Se hai un xogo que se adaptou á chegada de novos formatos e dispositivos ese foi Minecraft. O título de Mojang Studios anunciou que ao longo deste mes recibirá unha actualización de balde que incluirá o soporte para PlayStation VR.

Grazas a esta nova versión, poderemos escoller entre dous tipos de cámara: Immersive ou Living Room. Mentres, o control do noso personaxe seguirá realizándose a través do mando Dual Shock 4.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.