
Minecraft xa conta con ray tracing en Windows 10
Así é, Minecraft xa pode ser xogado coa tecnoloxía ray tracing en PC de forma aberta. Calquera xogador que teña unha tarxeta gráfica RTX poderá ver como cambia o mundo creado por Mojang. A actualización chega sete meses despois de ser lanzada a versión beta.
En xeral, os resultados que ofrece esta tecnoloxía en Minecraft son bastante impresionantes, aínda que claro, é requerido un desembolso concreto de cartos para acceder a este pack de texturas especiais. Alén disto, a compañía explica que aínda que un mundo se faga de base coa tecnoloxía ray tracing, este seguirá podendo ser compartido e visto por todos —claro que non da mesma forma—.