Monolith Soft confirma a súa colaboración nun novo Zelda

Monolith Soft confirma a súa colaboración nun novo Zelda

A compañía Monolith Soft, coñecidos por crear a grandes títulos RPG como a saga Xenoblade, xa están a colaborar no desenvolvemento dun novo xogo de Zelda. A confirmación de tal movemento chegou a través dunha oferta de traballo publicada na súa propia páxina web.

A oferta indica que están a buscar a cinco novos traballadores para o novo proxecto. Concretamente queren artistas técnicos, programadores, planificadores, deseñadores e responsables de soporte. É preciso destacar que a firma xaponesa xa traballou na creación de The Legend of Zelda: Breath of the Wild xunto a outros equipos da propia Nintendo.

Evidentemente, non transcenderon máis datos sobre o proxecto, nin nome, nin xénero, nin plataforma, nin moito menos, unha posible data de saída.

É certo que Nintendo está a traballar xa nunha nova entrega da saga The Legend of Zelda e que está será en 3D. Máis aló da sorpresa que foi o anuncio de The Legend of Zelda: Link’s Awakening Remake, que sairá en Nintendo Switch a finais de 2019, os de Kioto anunciaron a finais de xaneiro que estaban a ampliar o seu cadro de persoal para un futuro Zelda en tres dimensións.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados