Monster Hunter Rise: Sunbreak vende dous millóns na súa primeira semana no mercado

Sunbreak, a expansión para Monster Hunter Rise, xa vendeu dous millóns de copias en todo o globo en apenas sete días desde o seu lanzamento. O dato chega a través de Capcom, que tamén indicou que o xogo base acadou os 10 millóns de copias vendidas.
A cousa é que se falamos de cifras totais, a franquía Monster Hunter xa acumula un total de oitenta e catro millóns de copias. Como é previsíbel, Monster Hunter World, con vinte e un millóns de copias instaladas en consolas e ordenadores, non só é o Monster Hunter máis vendido, senón tamén o xogo máis vendido en toda a historia de Capcom, con case o dobre de copias que o seguinte, Resident Evil 7 (10,8 millóns). Nada mal, desde logo.
Doutra banda, e volvendo a nova expansión, este está a bater marcas varias, como duplicar na súa primeira fin de semana as cifras que tivo o lanzamento de Rise en Steam en xaneiro deste ano.