Monster Hunter Rise terá unha versión para PC o vindeiro ano
Monster Hunter Rise tamén será un título de PC, aínda que tardaremos un tempo en velo fóra de Nintendo Switch. O novo xogo de Capcom poderá ser xogado fóra da consola híbrida a principios do 2022, é dicir, terá case un ano de exclusividade coa gran N.
Segundo o comentado pola compañía, será a primeira entrega en utilziar o motor RE Engine. Nunha entrevista con IGN, o produtor Ryozo Tsujimoto sinala que «recibimos unha chea de peticións para unha versión PC de Monster Hunter Rise. Aínda está en desenvolvemento, así que me gustaría compartir información máis detallada cando sexa o momento adecuado».
Por motivos evidentes, esta versión de PC é unha completa descoñecida: nin hai detalels sobre as súas melloras, o seu prezo ou as súas posibilidades; simplemente a promesa de que chegará.