Actualidade Monstrum anuncia o seu lanzamento para PS4, Xbox One e Nintendo Switch

Monstrum anuncia o seu lanzamento para PS4, Xbox One e Nintendo Switch

Un dos títulos de terror máis interesantes dos últimos anos en PC, Monstrum, chegará finalmente a PS4, Xbox One e Nintendo Switch. Será o próximo 22 de maio cando poderemos gozar da obra desenvolvida por Team Junkfish, na que a mestura entre terror e acción en primeira persoa deron como resultado críticas tremendamente positivas desde a súa publicación en Steam.

Lanzado orixinalmente en 2015, Monstrum lévanos a unha perigosa aventura nun enorme barco cuxos corredores e salas son creados a través dun sistema procedural, tal e como fan outros títulos como No Man’s Sky. Sen saber os motivos polos que espertamos aí, teremos que escapar do navío tentando evitar en todo momento a unha sinistra criatura que non nos deixará un momento de respiro.

Un dos elementos máis curiosos do xogo é o sistema de morte permanente, xa que se morremos teremos que esquecernos de todo o mapa que aprendemos, xa que na seguinte partida toda a estrutura mudará, obrigando ao xogador a adaptarse de novo á contorna.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.