Actualidade Moons of Madness, xa dispoñíbel en PC

Moons of Madness, xa dispoñíbel en PC

Funcom vén de publicar o trailer de lanzamento de Moons of Madness.

Trátase dunha aventura deseñada por Rock Pocket Games na que se mesturan o horror cósmico en primeira persoa coa particular visión do estudio do planeta Marte. Unha historia de terror e suspense que, como non podía ser doutro xeito, comeza coa recepción dun misterioso sinal por parte duns científicos.

Está xa dispoñíbel para PC. Chegará a PlayStation e Xbox One o 21 de xaneiro do 2020.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.