Motion Twin presenta novo DLC para Dead Cells e fala do seu próximo xogo
Pasaron xa dous anos e pico desde que Dead Cells viu a luz. Un camiño longo que Motion Twin soubo asfaltar e percorrer, un camiño que engade un novo roteiro despois de superar as 3,5 millóns de unidades vendidas e a presentación do seu segundo DLC de pago.
O estudio francés deu sinais de vida hai pouco para informar que este decembro serían engadidos algúns elementos novos ao seu xogo de acción para ir abrindo o apetito de Fatal Falls, a expansión que queda fixada para o primeiro tremestre do vindeiro ano. «Fichaunha aliada aérea mordaz (e algo sobreprotectora) para abrires o paso por dous novos biomas e un novo xefe! Os intrincados niveis obrigarante a reformular as túas estratexias nestes novos contidos, deseñados para engadirlle máis salsa ás túas aventuras e proseguir co desenvolvemento do xogo», reza a súa sinopse.
O DLC terá un prezo de 4,99 euros, igual que The Bad Seed, a anterior expansión desta clase. Motion Twin explica que agarda poder seguir dando soporte á súa obra con diversas actualizacións gratuítas ao longo de todo o 2021, ao mesmo tempo que traballan nun novo proxecto desde cero. Aínda sen nome público, o estudo si compartiu algunhas imaxes conceptuais do mesmo. Telas a continuación.