Mr. X Nightmare, primeiro DLC de Streets of Rage 4, sairá o 15 de xullo

Mr. X Nightmare, primeiro DLC de Streets of Rage 4, sairá o 15 de xullo

Dotemu acaba de poñer data ao primeiro DLC de Streets of Rage 4. Bautizada como Mr. X Nightmare, a expansión chegará a PC e consolas asemade, o 15 de xullo. O estudio presentou tamén un novo avance no que adianta novidades, como un modo Survival no que trataremos de resistir o máximo tempo posible, percorrendo diferentes niveis, escollendo ao principio de cada un só dúas habilidades para usar.

Mr. X Nightmare tamén introducirá tres personaxes totalmente novos chamados Estel Aguirre, Max Thunder e Shiva, que aterrarán con novos movmientos, armas e temas musicais de seu. O DLC como tal non é gratuíto, mais con el chegará un parche de custo cero no que tamén se contempla un novo nivel de dificultade chamado Mania +,  novas paletas de cores para todos os personaxes e un novo modo de adestramento que conterá un titorial. Tamén será equilibrada un chisco a experiencia do xogo en xeral, con nerfeos e bufeos aquí e alá.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados