"> Nace Fire Ember Games, novo estudio con sede en Madrid – Revista Morcego
Actualidade Nace Fire Ember Games, novo estudio con sede en Madrid

Nace Fire Ember Games, novo estudio con sede en Madrid

Fire Ember Games é o nome dun novo estudo madrileño que vén de ver a luz esta semana, após a súa fundación no 2019. A finais de mes anunciarán o seu primeiro proxecto.

Poucas cousas hai que sirvan de mellor indicador que o nacemento dunha nova compañía á hora de falar da continua expansión do sector do videoxogo na Península. «A nosa paixón polos videoxogos levounos a emprender esta viaxe, co obxectivo de dar vida ás nosas ideas e crear experiencias centradas nos usuarios, que sexan accesíbeis para todo o mundo», explica o estudio no seu comunicado de prensa.

Fire Ember Games aseguran nacer con dúas ideas ou premisas moi concretas: a de xerar unha contorna de traballo favorable para que as persoas poidan amosar o seu traballo e escoitar á comunidade de xogadores para lles outorgar protagonismo. Defínese como unha empresa nova, multicultural e transparente.

Algúns dos seus oito empregados traballaron para Capcom, Activision ou CD Projekt. Á fronte do estudo sitúase Óscar Gutiérrez, como programador principal e produtor.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.