Actualidade
NBA 2K21 comete o mesmo erro que UFC4 e amosa publicidade antes dos partidos
Despois da polémica que xerou a inclusión de anuncios intrusivos durante as partidas de UFC 4, chégalle a quenda de repetir problema a NBA 2K21. A obra de Take-Two amosa publicidade das lentes de realidade virtual Oculus Quest 2 antes do inicio dos partidos.
O máis preocupante é a imposibilidade de saltar estes anuncios, ademais de que non existe opción algunha para deshabilitar a aparición dos mesmos. Como non pode ser doutro xeito, a comunidade alzou a voz reclamando a desaparición deste tipo de prácticas dentro dun xogo que custa setenta euros e xa conta con numerosos micropagos.