Netflix merca Night School Studio, creadores de Oxenfree
Netflix segue querendo entrar no mundo dos videoxogos. A plataforma audiovisual comprou Night School Studio, compañía responsable de Oxenfree e Afterparty. O acordo foi feito público a través dos mesmos desenvolvedores nunha actualización da súa páxina oficial.
📣 Small team of story-loving game people joins big team of game-loving story people, @Netflix.https://t.co/xJvtYUJVNZ
— Night School Studio (@nightschoolers) September 28, 2021
Na nota aclaran que seguirán a traballar no desenvolvemento de Oxenfree 2, e que manteñen a súa intención de seguir contando historias á súa maneira. «En Night School queremos estender as nosas narrativas e deseños ao longo de xogos diferentes e orixinais con corazón. Netflix proporciona a películas, series e agora a desenvolvedores unha oportunidade sen precedentes para crear e entregar o mellor entretemento a millóns de persoas», aparece no comunicado.
Polo súa banda, Netflix comentou o enorme éxito que foi Oxenfree e sinala, de novo, o obxectivo que é o asalto ao mundo do videoxogo para crear novas experiencias neste medio.
Aquí tamén poderemos xogar? O certo é que si. A compañía anuncio hai unhas horas, a través de redes sociais, que a compañía iniciaría o préstamo de xogos a través da súa aplicación en España e Italia, despois das probas realizadas en Polonia. Trátase dun servizo en fase beta, pero, sen dúbida, abre novas posibilidades. Polo momento, serán cinco os títulos dispoñibles: Shooting Hoops, Card Blast, Teeter Up, Stranger Things: 1984 y Stranger Things 3.
Las claves:
– Sin anuncios
– Sin pagos dentro de la app
– Juegos incluidos con tu suscripción de Netflix— Netflix España (@NetflixES) September 28, 2021




