New Pokémon Snap convertiranos en fotógrafos este abril na Nintendo Switch

Velocidade de obturación, diafragma no seu sitio, axustamos ISO… Todo listo para sacar a cámara este 30 de abril, día no que Nintendo fixou o lanzamento de New Pokémon Snap. Un día no que volver retratar aos Pokémon salvaxes que habitan os seus espazos salvaxes.
Celebrando o 25 aniversario da franquía, o tráiler de presentación que publicou a compañía da Gran N deixa ao mundo un espléndido adianto de os centos de Pokémon que poderemos atopar de todas as xeracións da saga, incluíndo os de Pokémon Espada e Escudo.
Trátase da continuación dun dos títulos máis curiosos da saga Pokémon, case de culto, como é o Pokémon Snap de Nintendo 64. Logo de anos pedindo unha obra de corte similar, só haberá que esperar un trimestre para a súa chegada. Ollo coas baterías das cámaras!