Night in the Woods, entre os novos xogos de setembro do Xbox Game Pass

Co comezo da semana, Microsoft fixo públicos a nova quenda de xogos que chegarán a Xbox Game Pass esta segunda quincena de setembro. Primeiro aterrará o clásico RTS Company of Heroes 2, para logo ser o momento de Destiny 2 xunto coas expansións Shadowkeep e Forsaken, amais de Halo 3: ODST.
Un par de días despois verá a a luz no servizo Night in the Woods, xunto con Warhammer: Vermintide 2.
Paga a pena lembrar que este mesmo mes a plataforma sairá de beta en PC, e aumentará o seu prezo.