Nightdive publica un novo vídeo do remake de System Shock

Nightdive publica un novo vídeo do remake de System Shock

Nightdive Studios publicou nas súas contas oficiais un novo vídeo gameplay da revisión de System Shock. Trátase dun adianto que achega parte da ambientación que nos atoparemos neste remake, a través de sete minutos no nivel de Investigación na Estación Citadel.

Cun desenvolvemento un tanto complicado, semella que a compañía conseguiu reconducir o proxecto que comezou como un Kickstarter en xullo de 2016, mais pouco tempo despois tivo que ser posto en pausa por «estar fóra de control». O seu lanzamento agora está previsto para finais de verán. Hai xa demo en Steam.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados