Ninja Theory abandona Bleeding Edge, que non recibirá máis contido
Bleeding Edge, o título multixogador de Ninja Theory para Xbox e PC nunca terminou por arrincar. A conta oficial do xogo confirmou este pasado xoves que deixará de recibir soporte desde xa.
Publicado de xeito oficial en marzo do 2020, nunca conseguiu reter unha comunidade grande de usuario, perante unha proposta de acción cooperativa no que un grupo enfrontábase con outro grupo en distintos espazos e con diferentes habilidades —cada personaxe era único—. Nin sequera o seu acceso a través de Xbox Game Pass foi suficiente para mantelo vivo.
With the studio now focusing on our new projects (Senua’s Saga, Project Mara & The Insight Project) we have decided that there will be no further content updates for Bleeding Edge. The game is still playable on Xbox and PC. Thank you to the fans & keep teaming up & causing chaos!
— Bleeding Edge (@BleedingEdgeNT) January 28, 2021
Doutra banda, Ninja Theory non oculta as súas intencións de envorcar todos os seus esforzos no seu tridente de novos proxectos: Senua’s Saga Hellblade 2, Project Mara e The Insight Project. Xuntando mala recepción e carga de traballo abundante, Bleeding Edge queda fóra da ecuación do estudio propiedade de Microsoft.
Por suposto, o título seguirá activo e os seus servidores en funcionamento, malia que todo aquel que xogue debe asumir que non haberá máis contido novo no futuro, ao menos non a curto nin medio prazo.