Nintendo actualiza o seu firmware pare corrixir un erro de Pokémon Let’s Go

Xa está dispoñible para a súa descarga a versión 7.0.1 do firmware de Nintendo Switch en todo o globo. Unha pequena descarga que, na práctica e segundo a compañía da Gran N, simplemente corrixe un coñecido erro de Pokémon Let’s Go Pikachu / Eevee e a aplicación móbil de Niantic.
Tras a chegada da versión 7.0.0 de Switch, os usuarios notificaron á empresa problemas para conectar o último título de Pokémon con Pokémon GO. A partires de hoxe, non debería volver darse este erro.
Pokémon Let’s Go, Pikachu! e Pokémon Let’s Go, Eevee! están dispoñibles para Nintendo Switch dende o pasado mes de novembro de 2018. Ismael Vidal analizou o título para Morcego días despois da súa saída, e que definiu coma “outro exemplo perfecto sobre como se pode facer unha revisión, mesturando o clásico co novo”.

Pokemon Let’s Go veendeu máis de 80 millóns de copias en todo o mundo.