Nintendo anuncia a chegada do primer Fire Emblem polo seu 30 aniversario
De forma totalmente inesperada, Fire Emblem: Shadow Dragon and the Blade of Light irrompeu no escenario. Nintendo anunciou a adaptación da obra orixinal, que estará dispoñíbel desde o 4 de decembro até o vindeiro 31 de marzo do 2021 na Nintendo eShop por tempo limitado.
Desta forma, o 30º aniversario doutra saga mítica da compañía tamén recibe a súa cota de protagonismo. Por primeira vez desde o seu lanzamento en 1990, chegarán a Europa as aventuras orixinais de Marth, un personaxe moito máis recoñecido en occidente por formar parte do elenco de loitadores de Super Smash Bros..
A localización ao inglés permanecerá neste RPG, aínda que algunhas novidades interesantes engadíronse, como o avance rápido, o rebobinado ou o gardado rápido.