Actualidade Nintendo anuncia o desenvolvemento dun novo Brain Age para Switch

Nintendo anuncia o desenvolvemento dun novo Brain Age para Switch

O Dr. Kawashima volverá atendernos! Nintendo vén de anunciar o desenvolvemento dun Brain Age para a consola híbrida. Trátase dun novo título que manterá fresco o espírito da franquía, pero que incluirá un modo multixogador e unha enorme cantidade de retos inéditos cos que poñer a funcionar o cerebro.

En Xapón chegará ás tendas o 27 de decembro, mergullados xa no Nadal. Canto chegará ás nosas terras? Falta esperar á confirmación de Nintendo. Iso si, a súa estrea relaciónase directamente coa chegada tamén do Stylus, o lapis oficial de Switch.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.