Nintendo cesa a produción de todos os modelos de Nintendo 3DS

O principio do fin. Nintendo confirmou que a Nintendo 3DS, unha das súas consolas máis emblemáticas, cesará a súa produción. Aínda que o modelo orixinal xa non se atopaba en proceso de fabricación, así como a New Nintendo 3 DS, si que seguían lanzándose ao mercado os modelos XL en Xapón.
Todas as divisións internacionais de Nintendo comezaron a notificar a nova, polo que unicamente resta coñecer o balance histórico da portátil. 75,87 millóns de consolas vendidas en todo o mundo e cun ciclo de vida de 9 anos, Nintendo reinou no sector portátil durante todo este tempo.
384,07 millóns de títulos vendidos na plataforma e con obras mestras ás súas costas como Bravely Default ou Fire Emblem Awakening, a Nintendo 3DS deixa un enorme legado que a partir de agora manterase nos nosos andeis —e nas nosas mans se así queremos—.