Actualidade Nintendo confirma que 160.000 contas recibiron accesos non autorizados

Nintendo confirma que 160.000 contas recibiron accesos non autorizados

Nintendo vén de sufrir un problema de seguridade nas súas redes, tal e como anunciou a compañía. Máis de 160.000 contas víronse afectadas debido a accesos non autorizados ás mesmas por parte de terceiros. Debido a esta intrusión é posíbel conseguir os datos privados dos usuarios tales como o seu correo electrónico, data de nacemento, xénero ou rexión xeográfica

Malia que a información relacionada coas tarxetas de crédito non estaría ao dispor dos devanditos terceiros, si que se rexistraron algunhas compras non autorizadas en diversas contas. O método de acceso ás contas non foi publicado pero Nintendo indicou que estaba relacionado cos datos da Nintendo Network ID, a cal se obtén a través de servizos alleos á compañía.

Tendo isto en conta, a empresa xaponesa bloqueou o acceso ás Contas Nintendo a través deste método. Todas as contas que se viron afectadas recibirán mensaxes nos que se insta a utilizar un contrasinal único para o servizo, ademais de recomendar a activación da verificación en dous pasos.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.