Nintendo deféndese perante a ameaza de demanda polo mal funcionamento dos Joy-Con

Nintendo Switch é a consola do momento, e a compañía que se encarga da súa fabricación non quere agachar as orellas perante ameazas externas. A última e máis comentada estes días é a feita por un bufete de avogados dos Estados Unidos na forma dunha demanda contra Nintendo debido aos problemas dos Joy-Con da máquina híbrida.
O caso foi medrando e obtendo máis interese estes últimos días. O motivo da demanda vén por mor dun erro habitual nos Joy-Con da consola, un defecto de construción que provoca un desvío nos sticks, o que fai que o personaxe camiñe só aínda que teñamos o mando apoiado sobre unha superficie chá, sen ningún tipo de interacción.
A demanda interpúxose o pasado venres en Washington polo grupo de avogados Chimicles, Schwatz, Kriner & Donaldson-Smith (CSK&D) en nome do usuario, Ryan Diaz de California, que comprou a consola en xullo de 2017 e sufriu até en tres ocasiones deste problema. A firma está a buscar máis usuarios que vivisen nos seus circuítos este asunto, e publicou un formulario en liña no que hai que responder unhas breves cuestións, como o tempo que ten a túa Switch e Joy-Cons, cando empezou a funcionar mal ou se xa estás en contacto coa gran N.
«En Nintendo estamos moi orgullosos de crear produtos de calidade e estamos sempre levando a cabo melloras sobre eles», declarou un portavoz da compañía xaponesa ao medio Kotaku. «Sabemos dalgúns informes recentes sobre que os mandos Joy-Con non funcionan como é debido. Queremos que os nosos consumidores se divirtan con Nintendo Switch, e se algo falla recomendámoslles que visiten o soporte de atención ao cliente de Nintendo».
[…] a repercusión da demanda presentada contra Nintendo en Estados Unidos e o intento de defensa da compañía, semella que a a empresa xaponesa quere […]