Nintendo lanza a actualización 10.2.0 de Nintendo Switch
Se estás en posesión dunha Nintendo Switch, podes proceder a descargar a actualización 10.2.0 do sistema, unha nova versión que, como é habitual, busca mellorar algunhas funcións xerais da consola híbrida de Nintendo.
Tal e como aparece especificado na páxina de soporte de Nintendo, a nova versión 10.2.0 da consola trae consigo «melloras xerais na estabilidade do sistema para mellorar a experiencia do usuario». Na práctica, falariamos dunha actualización de carácter menor, coa idea de puír o rendemento da máquina e dos menús iniciais, sen incluír ningunha función nova a nivel usuario, tal e como xa foron os últimos parches.
Para descargarmos a nova actualización, no caso de que non comence a instalación de xeito automático, debemos conectar a consola a Internet e abrir o menú de configuración. Aí , seleccionamos ‘Consola’, e logo pulsamos na opción de actualizar.




