Nintendo leva a Switch diversos títulos de Game Boy e Game Boy Advance
Nintendo deu unha boa máis que fermosa durante o último Nintendo Directo. Seguindo o ronsel de levar títulos clásicos das súas anteriores máquinas até Nintendo Switch —xa hai de Super Nintendo, NES e Nintendo 64—, é o momento de ver obras de Game Boy e Game Boy Advance no catálogo actual.
Ora ben, hai un par de cousas (monetarias) a ter en conta. Como é habitual, precisarás ter unha suscrición ao servizo Nintendo Switch Online para xogar coas obras saídas en Game Boy, pero é que ademais precisarás o Paquete de Expansión para os de Advance. Non, a Gran N segue sen regalar nada.
A continuación tes os títulos que chegarán desde Game Boy:
- Tetris
- Super Mario Land 2
- The Legend of Zelda: Link’s Awakening DX
- Gargoyle’s Quest
- Game & Watch Gallery 3
- Alone in the Dark: The New Nightmare
- Metroid II: Return of Samus
- Wario Land 3
- Kirby’s Dream Land
E estas son as obras que parten de Game Boy Advance:
- Super Mario Advance 4: Super Mario Bros. 3
- Wario Ware, Inc.
- Kuru Kuru Kururin
- Mario Kart. Super Circuit
- Mario & Luigi: Superstar Saga
- The Legend of Zelda: Minish Cap
Cómpre dicir que ambos os dous casos o catálogo será ampliado no futuro próximo. Si, poderemos gozar do Golden Sun en Switch.