Actualidade Nintendo ofrece máis de 150 xogos rebaixados na eShop

Nintendo ofrece máis de 150 xogos rebaixados na eShop

Se tiñas pensado comprar algún xogo para Switch este mes, quizais sexa o momento adecuado para facelo. A consola híbrida de Nintendo conta agora mesmo cunha promoción que afeca a máis de 150 títulos dixitais.

É difícil destacar algúns xogos por encima doutros, pero Stardew Valley ou Hollow Knight, por exemplo, poden comprarse por 11,19 e 8,99 euros respectivamente. Desde a compañía destacan rebaixas en xogos multixogador como Crash Team Racing Nitro-Fueled, dispoñible agora por 29,99 euros. Diaño III queda nos 39,99 euros.

Outras franquías como Final Fantasy, con moita relevancia dentro do catálogo de Switch esta tempada, tamén presenta rebaixas en varios dos seus títulos como: Final Fantasy X/X-2 ou Final Fantasy XII.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.