Nintendo pecha 2021 amosando as sáus cartas «independientes» nun novo Indie World

Nintendo pecha 2021 amosando as sáus cartas «independientes» nun novo Indie World

Nintendo aínda non cambiou de xeración, e semella que non o precisa para seguir tendo no mercado unha das consolas máis importantes e demandadas do momento.

Para cerrar o ano e confirmar que Switch segue tendo un futuro cargado de títulos interesantes, alén dos creados pola propia marca xaponesa, a compañía programou un Indie World con novidades variadas.

Malia que algunhas eran xa ben coñecidas, paga a pena sinalar certas obras de enorme interese, como Chicory, que xa está dispoñible na máquina híbrida, ou o xenial e difícil Don’t Starve Together, que confirmou a súa chegada para Switch na próxima primavera.

Como é máis doado velo que contalo, a continuación tes unha recompilación dos anuncios máis importantes cos cadanseus vídeos:

Sea of Stars chegará no Nadal do ano que vén

UNDERSCORE presenta Aliisha, un xogo de aventuras e quebracabezas

Loco Motive  Robust Games presenta a súa primeira obra, Loco Motive, unha aventura clásica de point-and-click

Afterlove EP, do creador de Coffee Talk, un novo título musical sobre o amor de belo aspecto

Dungeon Munchies, dispoñíbel desde xa, presenta unha proposta 2D de cheiro clásico, no que cazaremos monstros para logo cociñalos

Figment 2, unha obra onde a música será a que se adapte ao xogador, sairá en febreiro do 2022

OlliOlli World sairá o 8 de febreiro do 2022

River City Girls 2, o beat ‘em up de WayForward

OMORI sairá en Switch en primavera do 2022

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados