Actualidade Nintendo pecha o seu ano fiscal cunhas cifras espectaculares

Nintendo pecha o seu ano fiscal cunhas cifras espectaculares

Fin de ano fiscal, avaliación de resultados financeiros. Tal e como outras compañías fixeron balance do seu último exercicio, Nintendo vén de publicar os seus datos económicos até o 31 de marzo deste ano. As cifras non enganan; Nintendo Switch colócase con 55 millóns de unidades vendidas en todo o mundo, o que a converte nun éxito absoluto para a compañía xaponesa. A escaseza de consolas por mor da crise da Covid-19 non impediu que durante o primeiro trimestre do ano foran vendidas 3,29 millóns de Nintendo Switch.

Por suposto, non só de consolas vive Nintendo, xa que durante o mesmo período de tempo venderon 45,62 millóns de títulos, alcanzando os 356,27 millóns desde o lanzamento da consola no 2017. A saúde de ferro da que gozan as obras editadas pola Gran N son sinxelamente espectaculares.

Mario Kart 8 Deluxe permanece como o xogo máis vendido con case 25 millóns, namentres Animal Crossing: New Horizons entra arrasando na lista, con máis de 11 millóns de copias vendidas no primeiros once días desde a súa estrea. A continuación podes consultar a listaxe completa:

  • Mario Kart 8 Deluxe – 24,77 millóns
  • Super Smash Bros. Ultimate – 18,84 millóns
  • The Legend of Zelda: Breath of the Wild – 17,41 millóns
  • Super Mario Odyssey – 17,41 millóns
  • Pokemon Espada/ Pokemon Escudo– 17,37 millóns
  • Pokemon: Let’ s Go, Pikachu! / Pokemon: Let’ s Go, Eevee! – 11,97 millóns
  • Animal Crossing: New Horizons – 13,41 millóns
  • Splatoon 2 – 10,13 millóns
  • Super Mario Party – 10,10 millóns
  • New Super Mario Bros. U Deluxe – 6,60 millóns
  • Luigi’ s Mansion 3 – 6,33 millóns
  • Super Mario Maker 2 – 5,48 millóns
  • The Legend of Zelda: Link’ s Awakening – 4,38 millóns
  • Fire Emblem: Three Houses – 2,87 millóns
  • Ring Fit Adventure – 2,73 millóns
  • Pokémon Mundo Misterioso: Equipo de Rescate DX – 1,26 millóns
  • Astral Chain – 1,08 millóns
  • Marvel Ultimate Alliance 3: The Black Order – 1,08 millóns

Moitos outros videoxogos viviron momentos de forma excelentes, como Luigi’s Mansion 3 ou o cobizado Ring Fit Adventure. Respecto a as previsións para os próximos meses, Nintendo anticipa un escenario de decrecemento tanto de beneficios como de vendas, estimando 19 millóns de consolas vendidas e 140 millóns de xogos. Todo iso enmarcado entre abril do 2020 e marzo do 2021.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.