Nintendo prepara o lanzamento de varios xogos por mor do 35 aniversario de Mario

Nintendo prepara o lanzamento de varios xogos por mor do 35 aniversario de Mario

Grandes plans de Nintendo para o que resta do ano. Segundo diversas fontes, como Eurogamer, e sustentado por un informe de VGC, a compañía xaponesa prepara unha gran celebración para conmemorar o 35 aniversario de Super Mario Bros. Unha festa que virá cargada de numerosos xogos protagonizados polo fontaneiro como Mario Galaxy 1 e 2, Super Mario Sunshine e Super Mario 64, que recibirían adaptacións remasterizadas para Nintendo Switch.

O clásico de Gamecube regresaría á primeira fila de lanzamentos 18 anos despois.

As novidades non rematan aquí. Un novo Paper Mario estaría en camiño, xunto cunha versión definitiva de Super Mario 3D World e que incluirá novos niveis. O xogo de Wii U foi un dos máis rumoreados para recibir unha adaptación para a consola portátil. Namentres isto ocorría, Nintendo declinou responder a esta información, e após a cancelación do E3 2020, agárdase que todos estes anuncios seexan confirmados durante un Nintendo Direct.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados