Nintendo recupera o espírito do exercicio físico con Ring Fit Adventure

Nintendo recupera o espírito do exercicio físico con Ring Fit Adventure

Hai só uns días, Nintendo sorprendía á comunidade mostrando un novo periférico sen maior contexto que un vídeo onde se intuía a aposta polo exercicio e a recuperación da filosofía Wii Fit. Así é, confírmase. A nova idea por parte da gran N para axuntar actividade física con videoxogos chámase Ring Fit Adventure e poñerase á venda o próximo 18 de outubro, acompañado dun accesorio Ring-Con e unha cinta para a perna.

Amais de navegar polos menús internos con este sistema de captación de movemento, tamén xogaremos do mesmo xeito. Explorar, disparar, moverse… Todo se mestura grazas a un curioso sistema que quere que movamos brazos e pernas, literalmente. En Ring Fit Adventure combateremos contra inimigos que son débiles a un determinado comando —labazadas, poses de ioga, patadas…— segundo a súa cor. A maior nivel, máis posibilidades de movementos para o combate.

Fóra deste modo campaña, tamén podemos xogar nun modo partida rápida, que inclúe minixogos ou series máis intensas para facer quendas con familiares e colegas. Iso si, con diferentes dificultades para que todo o mundo poida ir ao seu ritmo.

De novo, Nintendo Switch exerce de centro total para a compañía xaponesa, que a converteu nunha ferramenta todoterreo: Nintendo Labo, Lite… Agora, toca movemento.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados