Actualidade Nintendo sorprende co anuncio dun Pokémon Direct

Nintendo sorprende co anuncio dun Pokémon Direct

O último Nintendo Direct deixou un pequeno baleiro no corazón de aqueles que ansiaban coñecer algo máis sobre a nova xeración de Pokémon. Cando chegará? Como se chamará? Que novas criaturas habitarán as súas paraxes? Todas estas preguntas poderían achar resposta o mércores 27 de febreiro, ás 15 horas. Nintendo acaba de anunciar unha nova retransmisión en directo para esta hora baixo o nome de Pokémon Direct.

A retransmisión está prevista para as 15 horas.

A compañía xaponesa quere mostrar “nova información” relacionada coa franquía. Os rumores, claro, disparáronse. Podería tratarse simplemente de novidades ao redor dos seus actuais xogos no mercado, Pokémon Let’s Go Eevee ou Pokémon GO, aínda que o público agarda algo máis.

A retransmisión poderá seguirse en directo a través de YouTube nas diferentes canles rexionais de Nintendo de maneira simultánea. Por suposto, estaremos atentos a toda novidade que xurda deste comunicado. Sábese, iso si, que terá unha duración de sete minutos.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.