Nintendo Switch adianta en ventas totais a Wii no Xapón
Ningunha crise frea a roda de Nintendo Switch. A consola vén de superar a cifra de vendas en Xapón dunha das súas antecesoras, Wii, alcanzando os 12,8 millóns de unidades fronte aos 12,75 millóns da súa irmá maior. A híbrida pasou esta barreira grazas ás 392.576 unidades de Nintendo Switch, tanto Lite coma normal, vendidas no país nipón entre o 16 e o 22 de marzo.
Por suposto, a saída de Animal Crossing impulsou este incremento, con dous millóns de copias vendidas no Xapón. Este ascenso vén sendo unha tendencia continua durante o últimos tres anos, desde a saída de Nintendo Switch no ano 2017. É meritorio este dato, xa que en menos da metade de tempo superou as vendas de Wii no territorio asiático e podemos mesmo sinalar o feito de que esta semana Nintendo logrou máis vendas que na de lanzamento.
Para ilustrar este feito, o usuario @GameDataLibrary achegou un gráfico que compara o rendemento de ambas as dúas consolas ao longo das semanas. A progresión ascendente é bastante evidente.
Nintendo Switch outsold the Wii in Japan this week, here's a graph showing the sames of both systerms launches aligned.
Wii peaked early and died off quickly, Switch got to 12.7m in half the time it took Wii. pic.twitter.com/gWZu36wOcg
— Game Data Library (@GameDataLibrary) March 25, 2020
Porén, estes datos poderían ser moito máis potentes de non ser pola escaseza de Nintendo Switch que existe en todo o mundo. En España, o modelo normal está completamente esgotado. En total, Nintendo Switch vendeu xa máis de 52 millóns de unidades en todo o planeta, superando a históricas como Super Nintendo ou ás máis vixentes como Xbox One.