"> Nintendo Switch Online actualiza o seu catálogo con novos xogos clásicos – Revista Morcego
Actualidade Nintendo Switch Online actualiza o seu catálogo con novos xogos clásicos

Nintendo Switch Online actualiza o seu catálogo con novos xogos clásicos

Máis xogos para a colección. Nintendo vén de anunciar unha actualización do catálogo de NES e SNES para Nintendo Switch Online. Este mesmo mes, o servizo online da compañía nipoa recibirá catro novos títulos: Pop’n Twinbee, Smash Tennis, Shadow of the Ninja e Eliminator Boat Duel.

Atendendo a cada caso en particular, atopámonos en primeiro lugar con Pop’n Twinbee, o sexto título da serie Twinbee para NES e que consiste nun shooter clásico de scroll vertical. Smash Tennis, como ben reza o seu título, trátase dun xogo de tenis clásico de NES, no que os golpes imposíbeis están á orde do día.

Doutra banda, Shadow of the Ninja, máis coñecido como Blue Shadow nestas terras, permite elixir entre dous mestres ninja para derrocar un imperio tiránico, xa sexa en solitario ou en compañía. En derradeiro lugar, Eliminator Boat Duel, un clásico da SNES no que as carreiras de lanchas toman o control.

Juan Sanmartín
Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.