Nintendo Switch recibe a actualización 9.0.0 con diversas melloras

Se es dono dunha Nintendo Switch xa podes descargar a actualización 9.0.0. que trae non poucas novidades á máquina híbrida. Unha das melloras máis evidentes é o aumento na precisión da pantalla táctil, algo que resulta moi vantaxoso para sacar mellor proveito aos lapis capacitivos.
Así, após descargarmos este parche poderemos acceder ao menú e activar o modo lapis para aumentar o número de puntos detectados pola pantalla. De seguro que os creadores de niveis de Super Mario Maker 2 sacaranlle partido a esta mellora.
Doutra banda, a compañía da gran N tamén quixo mellorar a súa vertente multijugador en liña. Agora teremos unha nova pestana chamada «invitacións para xogar en liña», que nos mostrará notifiaciones con acceso directo ás partidas dos nosos coñecidos. Fácil e rápido. Ora ben, non todos os xogos son compatibles con esta opción.
Nintendo tamén sinala que agora as notificacións poderán ser reguladas de xeito máis eficiente. Que queres que a consola avise cando publica un xogo concreto? Poderás programala para iso. Como curiosidade, engadiuse a posibilidade de xerar un código QR para enlazarmos a nosa conta de usuario con outros dispositivos. Haberá que ver que ofrece este novo elemento no futuro.