Nintendo Switch recibirá dúas novas entregas de Monster Hunter no 2021

Os rumores finalmente eran certos. Capcom tivo unha importante cota de protagonismo durante o Nintendo Direct Mini de hoxe, anunciando a chegada de dous títulos da franquía de Monster Hunter a Nintendo Switch.
Monster Hunter Rise foi o primeiro deles, sendo un título continuista no referente ás mecánicas propias da saga. Poderemos viaxar por diferentes partes do mundo do xogo, así como enfrontar as clásicas criaturas como Aknosom, Tetranadon ou Magnamalo. Chegará o 26 de marzo de 2021 a Nintendo Switch.
A sorpresa non rematou aquí. Monster Hunter Stories 2: Wings of Ruin chegará á consola de Nintendo no verán do 2021. Trátase da secuela do RPG que chegou a Nintendo 3DS e céntrase especialmente no apartado narrativo.