Actualidade Nintendo volve a apostar pola orixinalidade con Mario Kart Live: Home Circuit

Nintendo volve a apostar pola orixinalidade con Mario Kart Live: Home Circuit

Se algo non esqueceu Nintendo é a idea de fabricar xoguetes. E non uns calquera, xa que a compañía xaponesa vén de anunciar a súa colaboración con Velan Studios para lanzar Mario Kart Live: Home Circuit.

Trátase dun novo título que nos permitirá crear os nosos propios circuítos na casa, grazas a unha serie de accesorios. Unha vez disposta a pista, teremos que utilizar uns karts de xoguete cunha cámara incorporada que será controlados por cada piloto.

Deste xeito, poderemos competir contra a IA ou en modo multixogador local contra outros tres xogadores. Os obxectos que utilicemos durante a partida terán influencia no vehículo, xa que perderán velocidade se son golpeados.

Mario Kart Live: Home Circuit chegará o vindeiro 18 de outubro a Nintendo Switch.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.